Estes son os artigos que atopamos.
David LaChapelle – Lost + Found
Un manuscrito iluminado da época na que vivimos
TASCHEN presenta Lost + Found e Good News, as últimas e definitivas publicacións do artista David LaChapelle. Os libros son a cuarta e quinta entrega da antoloxía de cinco volumes sobre LaChapelle, que comezou con LaChapelle Land (1996) e continuou con Hotel LaChapelle (1999) e Heaven to Hell (2006).
Lost + Found é un rexistro visual dos tempos nos que vivimos e os problemas que afrontamos, expresados a través da mirada única e inconfundible de David LaChapelle. Cunha selección monumental de fotografías que nunca antes se publicaran en forma de libro, ofrece un percorrido polas imaxes máis impactantes de LaChapelle, un artista visionario e ao mesmo tempo capaz de deixar testemuño do momento histórico presente.
Este cuarto volume tamén descobre ao lector unha década de traballo inédito de LaChapelle, un período de renacemento creativo que aborda o sublime e o paradisíaco e conduce aos espectadores ao volume dous: Good News.
Lost + Found presenta: Pamela Anderson, Julian Assange, Isabella Blow, David Bowie, Naomi Campbell, Hillary Clinton, Frances Bean Cobain, Miley Cyrus, Lana Del Rey, Lady Gaga, Sharon Gault, Daphne Guinness, Whitney Houston, Kris Jenner, Kendall Jenner, Bruce Jenner, Kylie Jenner, Dwayne Johnson, Khloe Kardashian, Kim Kardashian, Eartha Kitt, David LaChapelle, Amanda Lepore, Nicki Minaj, Katy Perry, Sergei Polunin, Keith Richards, Rihanna, Chris Rock, Amber Rose, Britney Spears, Uma Thurman, Andy Warhol, Kanye West, Pharrell Williams, Amy Winehouse, e moitos outros...
Lost + Found e Good News véndense por separado.
Sobre o artista
Sen rematar aínda a escola secundaria, a David LaChapelle ofrécelleuse o seu primeiro traballo profesional, por Andy Warhol para a revista Interview. As súas fotografías foron exhibidas en numerosas galerías e museos, incluíndo a galería Tony Shafrazi e Deitch Projects en Nova York, e no Museo Barbican en Londres. As súas imaxes pouco convencionais de celebridades e a cultura pop contemporánea apareceron nas portadas e páxinas interiores de revistas como Vogue Italia, Vogue Francia, Vanity Fair, i-D e Rolling Stone. Nos últimos anos, LaChapelle ampliou a súa obra para abarcar vídeos musicais, representacións teatrais en vivo e a filmación de documentais.