Estes son os artigos que atopamos.
Transeducar: Arte, docencia y derechos LGTB (COLECCION G)
Transeducar propón un sistema de valores no que sexa posible acadar amplas cotas de liberdades individuais e colectivas, e entender a diversidade sexual
O seu autor elabora un plantexamento motivador que ten como puntos fundamentais de apoio a arte e a educación. Trázase un itinerario baseado na defensa dos dereitos humanos, ampliando as posibilidades dunha sociedade que avanza cara a maiores esixencias no referido a dinámicas sociais, políticas e tecnolóxicas. O termo transeducar, neologismo que dá nome ao volume, enmárcase neste propósito de adecuación cara a zonas porosas, contornos de xenerosidade que nos permitan encontros e efervescencias, traspasando fronteiras, transformando os condicionantes, transgredindo os prexuízos e atendendo aos espazos fronteirizos, todo iso transitando por territorios pouco explorados ata agora. O riquísimo panorama trans está revolucionando e poñendo en dúbida moitos dos esce