Estes son os artigos que atopamos.
Sin sexo no hay feminismo: Un manifiesto proporno
A pornografía pode ser unha ferramenta de emancipación, un lugar seguro para o autodescubrimento sexual. Se o porno deixase de estar relegado aos márxes da sociedade, sería posible un cambio cultural co que poderiamos crear un espazo para a diversidade e a igualdade. Paulita Pappel móstranos como podemos liberarnos da vergoña interiorizada e vivir unha sexualidade máis libre.
Este libro pode axudarnos a desprendernos dos medos asociados á sexualidade. É unha proposta para crear lugares nos que a diversidade teña espazo para florecer e poidamos vivir unha sexualidade autodeterminada. O porno pode ser o camiño que nos axude a entendernos mellor, a descubrir o que realmente queremos e como podemos conseguilo.
«A contribución de Paulita a unha culturapornográfica máis inclusiva e a unha sociedadeprosexo merece toda a nosa atención». – Erika Lust