REBEL GIRL: Mi vida como una feminista punk – Plastic Books
-5% DTO

REBEL GIRL: Mi vida como una feminista punk

Prezo en oferta €23,75 EUR €25 EUR
-5% DTO
IVE incluído.
Dispoñible en stock
Páxinas
352 pp.
Idioma
Castelán
Editorial
Liburuak
Ano
2024
ISBN
9788419234568
Dimensións
21.0 x 2.2 x 14.0 cm
Escrito por
Kathleen Hanna e Martina Scherschener

Rebel Girl. Mi vida como una feminista punk é a autobiografía de Kathleen Hanna, vocalista de Bikini Kill e Le Tigre e unha das figuras clave do movemento riot grrrl e do feminismo punk dos anos noventa. Editado en castelán por Liburuak en 2024, o libro percorre a súa vida desde unha infancia marcada pola violencia e o machismo ata a súa consolidación como referente musical e activista. 

Hanna lembra os seus primeiros fanzines, as performances e os concertos en sotos, así como a creación de Bikini Kill e o nacemento dun berro que cambiaría a historia da escena punk: girls to the front. Estar nunha banda de rapazas punk non era unha elección sinxela nin segura; a violencia e o antagonismo masculinos eran unha ameaza constante, e sobrevivir como cantante esixía unha determinación case inagotable.

Nestes páxinas aparecen tamén as amizades e alianzas que a sostiveron, desde as súas compañeiras de banda Tobi Vail, Kathi Wilcox, JD Samson e Johanna Fateman ata artistas como Kurt Cobain, Ian MacKaye, Kim Gordon ou Joan Jett, que lle lembraban que o punk podía ser un espazo de apoio e comunidade. 

Hanna escribe con franqueza sobre a súa historia sentimental, incluída a súa relación con Ad-Rock de Beastie Boys, e sobre a súa dura batalla contra a enfermidade de Lyme, que a obrigou a abandonar os escenarios durante anos. O libro segue a súa evolución musical con Le Tigre e The Julie Ruin e revisa luces e sombras do movemento riot grrrl, sen mitificalo pero sen restarlle potencia política.

Con unha voz directa, sen censura e profundamente persoal, Rebel Girl é á vez memoria política, diario íntimo e arquivo dunha escena que cambiou a forma de entender a música e o feminismo. Un libro imprescindible para quen se interesan polo punk, as culturas DIY, a música independente e as xenaloxías do feminismo contemporáneo.

Título
REBEL GIRL: Mi vida como una feminista punk
Autor
Kathleen Hanna,Martina Scherschener
Editorial
Liburuak
Ano
2024
Idioma
Español
Páxinas
352 pp.
Encadernación
Brando
ISBN
9788419234568