Estes son os artigos que atopamos.
Poeta en Nueva York
Arrebato Libros
En xullo de 1936, Lorca deixa os orixinais de Poeta en Nueva York nas oficinas de José Bergamín en Madrid, poucos días antes de partir cara a Granada. Esa carpeta viaxa con Bergamín no seu exilio ata México, onde ven a luz por primeira vez en 1940. Amosamos agora estes manuscritos na primeira edición que os transcribe tal e como son, coas súas correccións e notas ao marxe. A 90 anos do seu asasinato, cada novo documento, cada rolo de película descuberto e cada reedición da súa obra móstranos un matiz novo do xenial poeta, unha posibilidade interpretativa inexplorada ata o momento ou unha forza expresiva que agardaba, secreta, pacientemente, a mirada do futuro.