Peter Lindbergh. On Fashion Photography. 40th Ed. – Plastic Books
Peter Lindbergh. On Fashion Photography. 40th Ed. – Plastic Books
A black and white portrait of a woman in a patterned jacket featured in a photography book.
Peter Lindbergh. On Fashion Photography. 40th Ed. – Plastic Books
Peter Lindbergh. On Fashion Photography. 40th Ed. – Plastic Books
Peter Lindbergh. On Fashion Photography. 40th Ed. – Plastic Books
Peter Lindbergh. On Fashion Photography. 40th Ed. – Plastic Books
Peter Lindbergh. On Fashion Photography. 40th Ed. – Plastic Books

Peter Lindbergh. On Fashion Photography. 40th Ed.

Prezo habitual €25 EUR
IVE incluído.
Dispoñible en stock
Páxinas
512 pp.
Idioma
Castelán
Editorial
Taschen
Ano
2020
ISBN
9783836582865
Dimensións
15.88 x 4.45 x 21.59 cm
Escrito por
Peter Lindbergh
En 1988  Peter Lindbergh fotografou nunha praia de Malibú a serie White Shirts, imaxes que agora se coñecen en todo o mundo. Tan sinxelas como influíntes, estas fotografías presentáronnos a Linda Evangelista, Christy Turlington, Rachel Williams, Karen Alexander, Tatjana Patitz e Estelle Lefébure. Isto marcou o comezo dunha era que redefiniu a beleza. Lindbergh continuou cambiando o panorama da fotografía de moda durante as décadas seguintes.

Esta edición reúne máis de 300 imaxes de corenta anos da carreira de Lindbergh. Traza os ecos cinematográficos e o enfoque humanista do fotógrafo alemán, que deron como resultado imaxes tan sedutoras como introspectivas.

En 1980, Rei Kawakubo pediu a Lindbergh que fixese as fotografías dunha campaña de Comme des Garçons, unha das súas primeiras incursións na fotografía comercial. Kawakubo deuulle carta branca. Os anos seguintes sucedéronse as colaboracións cos nomes máis venerados da moda, das que naceu unha relación de reverencia mutua; o respecto de Lindbergh por algúns dos mellores deseñadores do noso tempo é palpable nos seus retratos. Entre os fotografados atópanse Azzedine Alaïa, Giorgio Armani, Alber Elbaz, John Galliano, Jean Paul Gaultier, Karl Lagerfeld, Thierry Mugler, Yves Saint Laurent, Jil Sander e Yohji Yamamoto.

Considerado por moitos un pioneiro no seu campo, Lindbergh evitou os estándares de beleza da industria para celebrar a esencia e individualidade das persoas ás que fotografaba. Foi unha figura fundamental para o xurdimento de modelos como Kate Moss, Naomi Campbell, Linda Evangelista, Cindy Crawford, Mariacarla Boscono, Lara Stone, Claudia Schiffer, Amber Valletta, Nadja Auermann e Kristen McMenamy.

A influencia de Lindbergh tamén chegou ata Hollywood e máis alá: Cate Blanchett, Charlotte Rampling, Richard Gere, Isabelle Huppert, Nicole Kidman, Madonna, Brad Pitt, Catherine Deneuve e Jeanne Moreau aparecen nas súas obras. Desde a imaxe elixida por Anna Wintour para a portada do seu primeiro número de Vogue ata a lendaria foto de Tina Turner na Torre Eiffel, nunca é a roupa, a fama ou o glamour o que protagoniza a escena nunha fotografía de Lindbergh. Todas as imaxes transmiten humanidade das persoas fotografadas cunha melancolía que é única e inequívocamente Lindbergh.

Desde o comezo da súa carreira, Lindbergh era coñecido no mundo da arte contemporánea: as súas fotografías exhibíronse en galerías moito antes de que aparecesen en revistas. Esta edición presenta unha introdución actualizada, adaptación dunha entrevista realizada en 2016, que permite entrever a mirada de Lindbergh, na que o fotógrafo relata as súas primeiras colaboracións, a fráxil relación entre a arte comercial e as belas artes, e o poder da narración de historias.

Sobre o fotógrafo e autor

Peter Lindbergh foi un mestre da fotografía que deixou a súa pegada na historia desta disciplina con éxitos profesionais tan extraordinarios como a primeira portada da edición estadounidense de Vogue con Anna Wintour como editora xefa, para a que reuniu un grupo de mozas que se converterían nas supermodelos da década dos 90, e numerosas exposicións individuais en institucións de prestixio mundial, como o Museo Pushkin en Moscova, o Centro Ullens de Arte Contemporánea en Pequín e a galería Gagosian en Londres.


Título
Peter Lindbergh. On Fashion Photography. 40th Ed.
Autor
Peter Lindbergh
Editorial
Taschen
Ano
2020
Idioma
Español
Páxinas
512 pp.
Encadernación
Tapa dura
ISBN
9783836582865