NÍA – Plastic Books
NÍA – Plastic Books

NÍA

Dispoñible en stock
Prezo habitual €11,95 EUR
IVE incluído.
Páxinas
90 pp.
Idioma
Castelán
Editorial
LES Editorial
Ano
2022
ISBN
9788417829612
Dimensións
14.0 x 1.0 x 21.6 cm
Escrito por
Patricia Reimóndez Prieto

O mundo de Mara está a morrer, o sol abrasa e a auga fai tempo que deixou de baixar abundante polo río. Todo ao seu redor é escaseza e agonía. Se non fai nada axiña, ela e a súa familia perecerán lentamente. Só existe un lugar ao que acudir, un que permanece verde mentres no resto todo é po e aridez: o Bosque de Robles. Claro que iso non vai ser fácil. A lenda di que ninguén sobreviviu nunca ao encontro coa dríada, a protectora do bosque. A pesar das sinais adversas e a hostilidade do lugar, Mara adéntrase nel disposta a arriscar a súa vida para conseguir o alimento que tanto necesitan ela e os seus. A súa valentía e obstinada vontade chamaran a atención da dríada, a pesar de que esta despreza aos humanos. Mara descubrirá que, máis alá da supervivencia, o seu coraxe lle abre a porta a un premio moito maior do que nunca podería soñar.

Nía, a primeira novelette de Patricia Reimóndez Prieto, é a historia dunha humilde campesiña que desexa darlle un futuro á súa familia. A protagonista non é unha elixida de brillante armadura e dons especiais. Ela pertence aos que non teñen nada, aos aparentemente insignificantes. A autora está convencida de que a loita pola supervivencia é a máis épica das xestas. Nun mundo deshumanizado marcado pola guerra, a fraternidade, a solidariedade e o respecto pola natureza poden ser as respostas.

Título
NÍA
Autor
Patricia Reimóndez Prieto
Editorial
LES Editorial
Ano
2022
Idioma
Español
Páxinas
90 pp.
Encadernación
Libro de peto
ISBN
9788417829612
Representación LGTBIQ+