Nevada – Plastic Books
Nevada – Plastic Books
Nevada – Plastic Books

Nevada

Dispoñible en stock
Prezo habitual €22,90 EUR
IVE incluído.
Poucas unidades
Páxinas
400 pp.
Idioma
Castelán
Editorial
Lava
Ano
2024
ISBN
9788412582079
Dimensións
20.0 x 13.0 x 2.8 cm
Escrito por
Imogen Binnie e Milo J. Krmpotic

Nevada, de Imogen Binnie, é unha novela de estrada radical e íntima sobre a identidade, a conciencia do propio corpo e a posibilidade de existir fóra dos relatos impostos.

A bordo dun coche roubado e atravesando estradas secundarias que parecen non rematar nunca, María emprende unha fuxida que é tamén unha procura. Entre estacións de servizo, moteles e a repetición hipnótica dunha emisora de música country, a viaxe convértese no espazo onde pensar a vida propia desde as súas fendas.

Reformulando os códigos clásicos da road novel norteamericana, Binnie constrúe o retrato dunha subxectividade en tránsito: unha protagonista hiperconsciente, irónica e vulnerable, que analiza sen descanso a súa identidade nos márxes dunha sociedade que non a recoñece.

Máis que un desprazamento físico, Nevada é unha viaxe iniciática que segue resonando en toda unha xeración de lectores e lectoras, articulada arredor dunha pregunta tan sinxela como decisiva: como existir dentro dun corpo.

Vale, non hai epifanías. A única maneira de chegar a ser un Buda é limitarse a selo, ignorar as merdas que se meten no camiño para ser un Buda. Así que está en plan que: vale, se a iluminación está aquí, sentada comigo, no coche, enriba do meu regazo, ingrávida e violenta, entón vale, iluminación. Vale.

Título
Nevada
Autor
Imogen Binnie, Milo J. Krmpotic
Editorial
Lava
Ano
2024
Idioma
Español
Páxinas
400 pp.
Encadernación
Cuberta dura
ISBN
9788412582079
Representación LGTBIQ+