Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
MÍSTICAS: Brujas, diosas y ocultistas en los arquetipos del tarot
Místicas. Bruxas, deusas e ocultistas nos arquetipos do tarot reivindica a participación das mulleres na historia do ocultismo a través de vinte e dous retratos que dialogan cos arcanos. Artistas, poetas, médiums, deusas e guerreiras que experimentaron o contacto co sobrenatural e cuxas vidas iluminan unha tradición tantas veces contada sen elas.
O libro traza correspondencias precisas entre biografías e símbolos: Sylvia Plath (A Lúa) confronta o vínculo coa súa nai; Safo (O Enamorado) lembra que o amor é —tamén— amargo; Dion Fortune (A Templanza) marcha á guerra cun batallón de meditadores; Marie Anne Lenormand (O Carro) pasa de nena orfa a adiviña da elite francesa. As súas traxectorias confirman unha idea central: as mulleres podemos ser escuras; fomos escuras.
Que inclúe
- 22 arcanos maiores que seguen a numeroloxía do tarot de Marsella.
- 56 arcanos menores inspirados nas ilustracións do Rider–Waite–Smith.
- 16 cartas da corte con outros personaxes enigmáticos ao longo da historia.
Autora: Mara Parra
Ilustrado por: Josefina Schargorodsky
Prólogo: Tamara Grosso