Estes son os artigos que atopamos.
Maricas Malas: Construir un futuro colectivo desde la disidencia
Maricas malas é un ensaio híbrido entre relato persoal e reflexión política no que Christo Casas revisa a historia recente das loitas LGTBIQ+ para cuestionar a promesa da normalidade como horizonte de integración social. Fronte ao modelo de familia produtiva e de consumo que acompañou parte do proceso de asimilación, o autor propón recuperar as formas de vida disidentes como motor de transformación colectiva.
O libro analiza como o desexo de encaixar no «normal» desprazou outras experiencias e debates vinculados aos márxes do sistema capitalista e reprodutivo, e reivindica o potencial político dos afectos, os coidados e os praceres como espazos de resistencia. Desde unha perspectiva de clase, Casas plantea as loitas queer como unha contenda social que concirne ao conxunto da sociedade.
Un texto directo e combativo que invita a repensar a disidencia sexual e de xénero como unha ferramenta emancipadora nun contexto de auxe reaccionario.