Estes son os artigos que atopamos.
Luces cegadoras
Unha obra innovadora sobre o paso do tempo e a procura das identidades LGTBIAQ+
Outubro de 2019 na cidade das luces cegadoras. Hernán acode ao tanatorio da capital da provincia na que vive para encontrarse con Leo, o seu primeiro gran amor, cuxo pai acaba de falecer. Mantiveron unha relación breve en 2002, pouco antes de que Leo marchase, e non se viron desde entón. O reencontro sabeulles a pouco, e ambos cítanse uns días máis tarde para tomar un café, lembrar quen foron e entender quen son.
O que ao principio comeza como unha conversa banal, pronto se converte nun viaxe ao pasado cargado de reproches. Ambos miranse por fin aos ollos como adultos: Leo, un pai de familia que non soubo ser quen realmente é; Hernán, un home que segue arrastrando os efectos dun trauma previo á súa relación con Leo. Ningún deles sabe ata que punto esa cita vai supoñer un antes e un despois nas súas vidas.
«Eu abrázote, pecho os ollos e vémonos os dous desde fóra, desde a ventá dese avión, cunha canción de U2 soando a todo volume, de fondo».