Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Los sueños de mi prima Aurelia
Los sueños de mi prima Aurelia é unha das obras dramáticas máis extraordinarias de Federico García Lorca.
Trátase da última peza teatral que escribiu o autor en 1936, antes do seu asasinato. Por esta razón, é unha obra inacabada, da que se conservan un acto e un diálogo poético solto. Pero hai algo máis que a fai única: trátase dunha autoficción na que un neno cuir chamado Federico García Lorca agita «a habitación propia» onde a súa prima Aurelia, personaxe baseado na súa prima carnal Aurelia González García, reúnese coas súas veciñas para ler novelas durante as festas de entroido do pobo.
Aurelia soña cun amor libre do xugo do patriarcado, mentres Federico manifesta un desexo incontenible que atravesa a escena como forza poética e vital.
Esta edición parte directamente do manuscrito lorquiano, contextualiza o texto dentro do conxunto da súa obra dramática e incorpora dous debuxos do pintor Gregorio Prieto realizados a partir da peza. Inclúe ademais un estudo introductorio sobre a última obra teatral escrita por García Lorca antes do seu asasinato.