Estes son os artigos que atopamos.
Caleidoscopio
LES Editorial
Hai tempo que Tania Sanders desexa atopar o amor da súa vida. Cansada de decepcións e con moito escepticismo, decide confiar nunha axencia de coaching sentimental que lle promete un método exclusivo para retomar o control da súa vida afectiva. Así coñece a Álex, unha love coach con moito encanto, quen a instruirá en todos os aspectos do cortejo e lle ensinará todos os trucos para lograr que a muller dos seus soños quede para sempre. Tania descobre que, tras os consellos e a metodoloxía especializada de Corazones, agochase unha aventura de coñecemento persoal durante a que se irá desprendendo de prexuízos sobre o amor. Neste camiño terá que responder a numerosas preguntas. ¿Pódese aprender a querer? ¿Escóllese á persoa que se ama? ¿Que prezo debemos pagar para atopar o amor?
Caleidoscopio é a primeira novela de Elena Solera. Desde un punto de vista optimista e despreocupado, explora como o consumismo da nosa sociedade contamina tamén as relacións afectivas.