Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
LAS MALAS
Cando chegou á cidade de Córdoba, en Arxentina, para estudar na universidade, Camila Sosa Villada foi unha noite, morta de medo, a espiar ás travestis do Parque Sarmiento. Alí atopou o seu primeiro lugar de pertenza no mundo.
Las malas é un retrato de grupo, un rito de iniciación, unha crónica distinta a todas. Converxen no seu ADN dúas facetas que a sociedade rexeitou historicamente: a furia travesti e a festa de ser travesti. A autora narra desde dentro a vida dunha comunidade travesti nun ambiente urbano hostil.
Traducida a máis de vinte idiomas, a novela recibiu premios como o Sor Juana Inés de la Cruz 2020, o Finestres de Narrativa 2020 e o Grand Prix de l’Héroïne Madame Figaro 2021.
Sobre a autora
Camila Sosa Villada (Córdoba, Arxentina, 1982) estudou Comunicación Social e Teatro na Universidade Nacional de Córdoba. En 2009 estreou o seu primeiro espectáculo, Carnes tolendas, retrato escénico de un travesti. É autora dos poemas La novia de Sandro (2015), dos relatos Soy una tonta por quererte (2022), e das novelas Las malas (2020) e Tesis sobre una domesticación (2024).