Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Las chicas de oro: La serie que nos enseñó que las amigas son la familia elegida
Cuarenta anos despois do seu estreo, Las chicas de oro continúa a ser unha das series máis icónicas e queridas da historia da televisión. Coincidindo con este aniversario, o xornalista Pedro Ángel Sánchez rende homenaxe a unha sitcom que rompeu moldes, desafiou estereotipos e que, co paso do tempo, foi conquistando varias xeracións de espectadores en todo o mundo.
Neste libro, o seu autor propón un completo percorrido pola creación e o legado da serie protagonizada por Blanche, Dorothy, Rose e Sophia: catro mulleres maduras, libres, vitais e imperfectas que falaron, cando case ninguén o facía, de sexo, amizade, racismo, VIH, vellez, feminismo e homosexualidade… e todo iso en horario de máxima audiencia.
A través de numerosas anécdotas e informacións, e cunha especial atención ao impacto que tivo o programa na España dos anos oitenta, Pedro Ángel Sánchez invita a descubrir os segredos do casting, as inevitables tensións entre as actrices, os cameos de grandes artistas da época, a influencia da serie en producións posteriores e as vidas das súas protagonistas: Rue McClanahan, Bea Arthur, Betty White e Estelle Getty.
Un homenaxe a un grupo de mulleres que, cada sábado pola noite, daban as grazas por ser amigas e cambiaron para sempre a historia da televisión.