Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
La ternura del caníbal
A Cidade espertase a golpe de mordida. Como se fose un ataque terrorista, os caníbais apodéranse das rúas da urbe. Un home, que podería chamarse Pablo, observa asustado a barbarie que percorre a cidade. Quizais debería fuxir, pero a vida impónse na súa rutina e na posibilidade de que, de súpeto, un tropezón inesperado e feminino sexa a razón da esperanza. Entón aparece Melany, a pesar dos caníbais e da súa ameaza constante, a pesar dos medos e do caos que todo o inunda. En La ternura del caníbal, a Cidade é un labirinto no que os personaxes parecen perderse na procura dun final para esta historia que é, en definitiva, unha historia de amor. Esta nova novela de Víctor Álamo de la Rosa ofrécenos máis literatura, un novo xogo no que afloran as emocións máis salvaxes do ser humano, novela símbolo dunha sociedade que se deixou levar pola súa propia tolemia.
Sobre o autor:
Víctor Álamo de la Rosa naceu en Santa Cruz de Tenerife en 1969, aínda que pasou a súa infancia na illa canaria de El Hierro. Publicou dez novelas, cinco poemarios, dous libros de relatos e dous libros de artigos e entrevistas. A súa obra literaria, traducida a varias linguas, recibiu numerosas distincións, como o Premio de Literatura Mercedes Pinto (2004), o Premio de Creación Literaria Alfonso García Ramos (2007), o premio de novela Benito Pérez Armas de 2013, o premio de Relato Curto Isaac de Vega e o premio de xornalismo Leoncio Rodríguez en 2008. Publicou en Francia, Portugal,