La sociedad no binaria: Vivir en ambos géneros, más allá y en el medio – Plastic Books

La sociedad no binaria: Vivir en ambos géneros, más allá y en el medio

Prezo habitual €20,95 EUR
IVE incluído.
Páxinas
278 pp.
Idioma
Castelán
Editorial
Egales
Ano
2024
ISBN
9788419728388
Escrito por
Meg-John Barker, Alex Iantaffi e Carlos Valdivia

Esta orixinal publicación fomenta a reflexión sobre como vemos e entendemos o mundo no que vivimos e como dobramos, desdibuxamos ou rompemos os códigos binarios.

Gran parte do pensamento da sociedade opera dunha maneira moi ríxida e binaria: algo é bo ou malo, correcto ou incorrecto, un éxito ou un fracaso, etc. Desafiando esta limitada forma de pensar, este innovador libro analiza como os métodos de pensamento non binarios poden aplicarse a todos os aspectos da vida e ofrecer novas e mellores formas de entendernos a nós mesmes e de relacionarnos cos demais.

Utilizando experiencias de xénero bisexuais e non binarias como punto de partida, este título aborda as cuestións clave do pensamento binario acerca das nosas relacións, corpos, emocións, benestar e o noso sentido da identidade, e establece unha selección de prácticas que poden axudarnos a pensar de forma non binaria.

Esta orixinal e reveladora guía fomenta a reflexión sobre como vemos e entendemos o mundo no que vivimos e como dobramos, desdibuxamos ou rompemos os códigos binarios da sociedade.

«Os autores guíanche nun viaxe a través e máis aló do xénero, utilizando un rigoroso abano de textos académicos e testemuños persoais para ampliar os nosos horizontes… Enriquecedor para case calquera persoa».

Dr. Vincent, profesor asociado en Socioloxía, Universidade de York.

Título
La sociedad no binaria: Vivir en ambos géneros, más allá y en el medio
Autor
Meg-John Barker,Alex Iantaffi,Carlos Valdivia
Editorial
Egales
Ano
2024
Idioma
Español
Páxinas
278 pp.
ISBN
9788419728388