Un viaxe autobiográfico cara o encontro de referentes intersex para iniciar unha revolución. Os relatos das súas protagonistas móstrannos a construción dunha identidade colectiva na procura dun presente/futuro de liberdade e con dereitos.
Castellón, 2016. Nace Lola. A actriz protagonista. Sae á escena. E vai rompendo, pouco a pouco, o seu silencio. Viaxa, en busca de referentes. A primeira hermafrodita a cabalo está aí, agardando en Barcelona. Á beira do Mediterráneo aparece outra: a Melero. Unha chamada repentina lévaa a Galicia, xunto á a vallista do COI. Ansiosa, emigra. Instalado en Valencia atópase, inesperadamente, con unha rapaza do Cabanyal. Vive as súas cátareses. En Logroño, baila xunto a outra das machorras. Perde o rumbo. Descubre unha brúxula intersexual situada nun punto de México. Próximo destino: País Vasco. No pupitre do lado senta a Kollontai do século xxi. Desde Madrid, irrompe con forza a voz de unha señora ben e fetén. Mentres tanto, un ave fénix extrabinarie atravesa o ceo gris de Bizkaia. E, entón, pon cara ao holograma do documental No box for me. Que falta? Descubrir a un notas do distrito sur de Sevilla. Volver a casa. Conversar con as dúas que faltaban. Parar. En Salamanca, escribe e performa. Lola empodérase e Mer desarmarízase. Por fin, atopou unha familia intersex. Toca defenderse, cacarear ben alto. ¿Úneste á rebelión das hienas?
Sobre a autora
Mer Gómez (@mercurito). «Bicha rara. Escribo desde o cruce, son unha hiena». Activista intersex e escritora. Graduada en Xornalismo. Doutora en Estudos Feministas e de Xénero pola Universidade do País Vasco. Autora do La rebelión de las hienas e Las hermafroditas del s. XXI. Escribiu e protagonizou os monólogos para microteatro La revolución de Lola e Solo apto para BICHAS RARAS, así como o curto-documental Se receta silencio. Colabora coa revista Pikara Magazine. Desde 2020, coordina o colectivo i de intersex xunto con Laura Vila Kremer. Actualmente, como divulgadora, imparte obradoiros e formacións sobre intersexualidades e diversidade corporal. O seu obxectivo é poñer no centro as experiencias de vida de persoas intersex para xerar novos imaxinarios culturais sobre a intersexualidade.