Estes son os artigos que atopamos.
Fanzine sobre la muerte
A morte nunha rede de apego ansioso que nunca aprendeu a deixar ir.
A morte desde a visión de alguén que só acepta a súa propia morte pero non tolera a do resto. Que se nega a aceptar o evidente e inevitable.
Este fanzine é parte dun proceso persoal de reflexión sobre a morte, que toma forma de prosa poética exhalada en pingas tristes tras distintas mortes vividas moi de cerca.
Este fanzine é un anaco do meu medo á incógnita da morte. Un choro polas persoas que se foron do meu lado. Un berro desesperado ante tanta morte que non acepto nin comprendo. Que non acepto porque non comprendo. Ou que nin acepto nin comprendo porque non quero.
Sobre o autor:
Zoe García é escritor, músico e biólogo especializado en xénero. Persoa trans non binaria, bisexual e autista. Traballa entre a creación e a divulgación, cunha presenza activa en redes sociais, onde comparte contidos sobre neurodivergencias, realidades trans e diversidade, dende unha perspectiva persoal, pedagóxica e crítica.
A súa obra móvese entre a poesía e o ensaio, e vincúlase tamén á formación, a xestión e a produción cultural. Forma parte do equipo de Col·lectiu Argelaga, entidade que impulsa accións educativas, acompañamentos e proxectos relacionados coa diversidade e inclusión. Militante en espazos de loita de clase, feminista e anticapacitista. Sempre en constante deconstrución.
Instagram: @zoe.grks