En todo hay una grieta y por ella entra la luz – Plastic Books

En todo hay una grieta y por ella entra la luz

Prezo habitual €18,90 EUR
IVE incluído.
Poucas unidades en stock
Páxinas
232 pp.
Idioma
Castelán
Editorial
Editorial Anagrama
Ano
2026
ISBN
9788433949158
Dimensións
22.23 x 13.97 x 1.27 cm
Escrito por
Patricio Pron

Unha meditación sobre o duelo ecolóxico, a violencia, a finitude, a arte como resistencia e a posibilidade dunha esperanza.

Que pode facer a literatura nun mundo fracturado pola crise ecolóxica, a descomposición da democracia e a perda de sentido?

Nunha Nova York escura, aínda conmocionada pola pandemia e baixo o espectro do novo autoritarismo de Trump, un escritor recibe o encargo de emprender a biografía de Benjamin Fondane, poeta e cineasta francés de orixe rumana, testemuña do surrealismo parisino, autor dunha película maldita en Bos Aires e asasinado en Auschwitz. Pero o proxecto interrompese. Unha enfermidade, un duelo e un acontecemento devastador abren unha fenda pola que se colan o pasado familiar, a desaparición dunha paisaxe, as ruínas do século e a lembranza dunha raposa cuxa mirada revelou un don extraordinario ao seu avó inmigrante en Arxentina.

En todo hai unha fenda e por ela entra a luz é unha novela mutante, a medio camiño entre o ensaio, a autobiografía, a biografía apócrifa e o tratado filosófico; un texto atravesado por notas que o expanden, un texto que se pregunta como vivir hoxe, e como escribir, en medio do colapso. É, tamén, unha elegía por un mundo que se derruba, o mundo físico, pero tamén o simbólico e o moral. E é un intento ambicioso, desesperado, necesario, de devolverlle un sentido, a través da imaxinación, a creación artística e a atención pola que abogaba Simone Weil.

Unha meditación sobre a finitude, o duelo ecolóxico, a violencia visible e invisible, a arte como resistencia e a posibilidade dunha esperanza. Con ecos de W. G. Sebald, Sigrid Nunez, Zadie Smith, Annie Dillard ou Rachel Cusk, este libro confirma a Patricio Pron como un dos narradores máis singulares e arriscados da súa xeración: radical, elegante, feroz e melancólico. Un escritor que transforma a desolación en pensamento vivo e a narración nunha emoción luminosamente memorable.

Título
En todo hay una grieta y por ella entra la luz
Autor
Patricio Pron
Editorial
Editorial Anagrama
Ano
2026
Idioma
Español
Páxinas
232 pp.
Encadernación
Libro de peto
ISBN
9788433949158