Estes son os artigos que atopamos.
El encanto de los naúfragos
Editorial Siete Islas
Marco, un pintor homosexual en plena crise creativa, contempla os seus cadros inacabados desde o seu solitario apartamento. Houbo tempos mellores: cando contaba co amor da súa nai, a complicidade da súa irmá ou a esperanza de sentirse amado. Todo se esfumou e o soño de vivir en Barcelona converteuse nunha existencia sen nada novo que ofrecerlle. Só o seu chispeante amigo Barri parece mantelo a flote.
Pero o destino de Marco cambia inesperadamente cando coñece a Leo, un atractivo mozo decidido a autodestruirse, que consegue espertar a súa curiosidade e a súa inspiración. O irrefreable desexo de descubrir os segredos máis íntimos de Leo converterase nun xogo tan cativador como arriscado.
Atrevete a ler esta historia sobre o amor, a autodestrución e a esperanza.
Sobre o autor:
Fernando Garín @fernandogarin_ (Zaragoza, 1979) é licenciado en Dereito e traballa na Universidade de Zaragoza. En 2019 publicou o seu primeiro libro: La pluma y el Oeste. El fascinante viaje de la homosexualidad a través del western, un ensaio que repasa a historia do cine do Oeste desde un insólito punto de vista gay. La pluma y el Oeste foi seleccionado entre os 10 mellores libros de temática LGTB do 2019 segundo Dos manzanas e entre as 11 suxestións de lectura LGTBI+ para o Día do Libro en 2020 segundo a revista Shangay.
El encanto de los náufragos é a súa primeira novela e debut no mundo da ficción.