Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
El dios alucinógeno: Un año infiltrado en sectas
O primeiro libro de Carles Tamayo, o creador de Cómo cazar a un monstruo, premio Ondas ao mellor documental.
Como unha persoa normal, como ti ou como eu, acaba atrapada nunha secta autodestructiva sen decatarse?
Este libro non se relata desde a distancia, senón desde dentro. Carles Tamayo, xornalista e investigador especializado en meterse onde non o chaman, conta en primeira persoa a súa inmersión no universo das sectas New Age, aquelas que utilizan drogas como a ayahuasca para atraer aos seus seguidores baixo falsos pretextos terapéuticos. Espazos que prometen sanación, expansión da consciencia e crecemento espiritual, pero que agochan unha realidade moito máis escura: dinámicas de control, abuso emocional e un modelo de negocio disfrazado de iluminación.
A investigación, baseada nun exhaustivo traballo de campo, está narrada co característico ton crítico, directo e irónico de Carles Tamayo, no que a anguria dunha misión tan arriscada mestúrase coa proximidade dun vlog confesional.
O deus alucinóxeno é moito máis que unha experiencia persoal: é un manual para detectar as trampas do novo esoterismo que, disfrazado de ciencia e espiritualidade, arrastra persoas vulnerables, aquelas que buscan respostas, consolo ou simplemente un camiño para darlle sentido á súa vida.