Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
El cielo de la selva
El cielo de la selva, de Elaine Vilar Madruga, é un conto de terror caribeño sobre a maternidade, o corpo das mulleres e os sistemas de violencia que converten a protección en condena.
A Selva é un deus famento: unha presenza que protexe a quen viven baixo o seu dominio, pero esixe a cambio o máis alto dos prezos. Para sobrevivir, os seus habitantes deben entregar os seus fillos como parte dun tributo caníbal e cíclico, nun sistema de ofrendas onde ningunha muller pode decidir non ser nai.
Neste mundo desapiadado, atravesado por guerrilleiros e narcos, as nais son obrigadas a criar os seus propios fillos como futuro alimento. Vilar Madruga constrúe unha fábula terrible sobre a maternidade imposta, a carne, o sacrificio e a perda de calquera dereito sobre o propio corpo.