Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Diseño del siglo XX
Ao comezo do século XXI podemos ver claramente que o anterior estivo marcado por cambios memorables no campo do deseño. A estética entrou na vida cotiá con resultados a miúdo asombrosos. Os nosos fogares e lugares de traballo converteronse en verdadeiras galerías de estilo e innovación.
Desde o moble ás artes gráficas, aquí atopamos todo o traballo de artistas que deron forma e recrearon o mundo moderno cunha vertixinosa variedade de materiais. Do orgánico ao xeométrico, desde o art déco ata o pop e as altas tecnoloxías, a presente obra contén todos os grandes nomes: Harry Bertoia, De Stijl, Dieter Rams, Philippe Starck, Charles e Ray Eames, por nomear só a algúns.
Este libro esencial supón un percorrido a través das formas e as cores, clases e funcións da historia do deseño no século XX. Unha guía da A á Z de deseñadores e escolas de deseño, que inclúe un completo retrato da vida contemporánea. Profusamente ilustrado, isto é o deseño no seu sentido máis pleno.