Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Desde las gradas
Na noite do xardinciño ardente, un cupido asmático dispara as súas frechas. Atravesa os espazos fermosos, pero insuficientes, da tradición, buscando nas voces alleas un eco da propia; nos tópicos, o soño dun lugar común. Herdeiro dunha poética de reescritura xa consolidada en España por autoras como Berta García Faet, Desde las gradas é un poemario de vulnerabilidade, de morriña que non anula a esperanza. Enfermo de amor e esixencia, o suxeito lírico, á maneira dun neno hiperconsciente, búscase na historia da Terra e da literatura, dálle sentido coas palabras das súas autoras favoritas e configura, ao final, unha narración lírica á vez íntima e compartida. Así, entre a dor e o xogo, Juanpe Sánchez López entréganos o seu relato, o noso, escrito desde un lugar de rapaces que se aman, de heroes gregos arrodillados en aeroportos, de festas que, como as súas frechas de amor, farán ferida.
Andrea Abello Collados
É un texto chillón, de cores preciosas e infantís, ás veces fosforitos; xoga na praia como un neno que desde a infancia aprendeu a beber vodka barato e Red Bull marca branca.
Do prólogo de Elizabeth Duval