Oops!… I Did It Again (Picture Disc) – Plastic Books

Oops!… I Did It Again (Picture Disc)

Poucas unidades en stock
Prezo habitual €29,90 EUR
IVE incluído.

Publicado no ano 2000, Oops!… I Did It Again é o álbum que consolidou a Britney Spears como un dos grandes iconas do pop internacional. O seu segundo traballo debutou no máis alto das listas e definiu unha era marcada polo pop de alto impacto, a estética Y2K e unha produción orientada ao gran público sen perder identidade.

O disco reúne 12 cancións clave do seu repertorio, con éxitos como “Oops!… I Did It Again”, “Stronger” e “Lucky”, ademais de cortes que ampliaron o seu rexistro máis alá do single inmediato. O álbum deu nome a unha xira mundial e obtivo numerosas nominacións e premios, confirmando o seu peso dentro da cultura pop dos comezos de século.

Esta edición en vinilo picture disc presenta o álbum completo nun formato que pon o acento na dimensión visual, estreitamente ligada á imaxe pública de Britney e ao imaxinario pop da época.

Esta reedición foi publicada con motivo do 20º aniversario do álbum e incorpórase agora ao noso catálogo como unha das referencias esenciais do pop dos 2000.

  1. Ups!… I Did It Again
  2. Stronger
  3. Don’t Go Knockin’ on My Door
  4. (I Can’t Get No) Satisfaction
  5. Don’t Let Me Be the Last to Know
  6. What U See (Is What U Get)
  7. Lucky
  8. One Kiss from You
  9. Where Are You Now
  10. Can’t Make You Love Me
  11. When Your Eyes Say It
  12. Dear Diary
Título
Oops!… I Did It Again (Picture Disc)
Artista
Britney Spears
Ano
2000
Formato
Vinilo
EAN
194397532111