Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Bisutería auténtica
Con unha pluma única, Daniel María trasládanos a un mundo cheo de pelucas, pintalabios, focos e supervivencia. Unha xoia única e imprescindible.
Bisutería auténtica é unha crónica de amor ás identidades disidentes e camp, personificadas nestes oito relatos por travestis, transformistas e mulleres trans.
Un xoieiro co que o autor rende homenaxe a quen axudaron a construír a súa cultura, imaxinario e personalidade.
«Aquela travesti maior miroume e sorriu. Pechou un ollo. A súa pálpebra sostiña o universo. É o máis parecido a unha bendición que sentín nunca. Unha deusa. Si. Unha revelación. A unción do sagrado. O aceite bendito das travestis é unha sombra de ollos. Souben que aquela travesti maior era unha nai, unha irmá, unha inspiración. Que a miña infancia marica se orixinara nos seus pasos. Sen sabelo, fíxenlle unha promesa. Algún día imaxinaría a súa vida e escribiríaa. Chameille Gladis, a Rubia, Lola Jurado, Sarasa, Nancy, Cherilyn… Soñei a súa vida de mil maneiras, en diferentes etapas, en lugares distintos».