Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Azul casi transparente
Esta primeira novela dun estudante xaponés de vintecatro anos foi galardoada co prestixioso premio Akutagawa. En seis meses venderon un millón e medio de exemplares e o libro desatou paixóns. A crítica xaponesa falou de «sensibilidade revolucionaria», de «mirada como o zoom dunha cámara», de «filtro de lucidez, a través do cal a violencia e o erotismo máis cru adquiren unha estraña pureza». Aínda que tamén se acusou a Murakami de cultivar sistematicamente a pornografía e a brutalidade. Nos Estados Unidos, a revista Newsweek recomendouna como «unha mestura de La naranja mecánica, de Burgess, e El extranjero, de Camus». Os protagonistas desta novela, rapaces e rapazas na súa maioría moi novos, viven preto dunha base norteamericana, consumindo todo tipo de drogas, indo a concertos de rock, organizando orgías para os soldados ianquis, todo iso sen aparente paixón nin pracer. Cunha emblemática pasividade, deslízanse cara á autodestrución, como resultado non só da súa situación presente, senón do seu futuro bloqueado. O tratamento do autor, frío e antisentimental, destila con todo un sentimento de algo puro e non mancillado. A súa técnica, coa súa ausencia de tabús, de condenas morais e de detalles superfluos, achégase ao cinéma-vérité, con uns toques de surrealismo.