Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Autodefensa feminista: Más allá de aprender a decir no
Prólogo de Amelia Tiganus, autora de La revuelta de las putas
Un libro único, que axudará ás mulleres a identificar as condutas machistas e a reaccionar ante calquera situación na que se vulneren ou discriminen os dereitos das mulleres.
A autodefensa feminista é unha estratexia de empoderamento individual e colectiva, xurdida desde organizacións feministas para axudar ás mulleres a identificar a violencia machista e a defenderse dela, nas tres esferas: a cognitiva, a física e a emocional. É unha ferramenta de recursos teórico-prácticos de prevención e actuación de lexítima defensa. Non se trata de saber actuar só nos niveis de violencia, senón en todas as facetas da nosa vida cotiá, para poder despatriarcalizarnos como primeiro exercicio de autodefensa.
Este texto facilítanos poder entender o mundo que habitamos e nos habita, e como se sustenta sobre os piares da normatividade de xénero. É dicir, o que significa ser muller nun sistema patriarcal que non só ten unha expresión corporal, senón que supón unha posición social de subordinación, indagando sobre os piares da normatividade de xénero. Ser muller nun sistema patriarcal non só ten unha expresión corporal, senón que supón unha posición social de subordinación.
Un libro único, que axudará ás mulleres a identificar as condutas machistas e a reaccionar ante calquera situación na que se vulneren ou discriminen os dereitos das mulleres.