Estes son os artigos que atopamos.
Autigénero. El espectro de las disidencias: autismo e identidades trans
Merecemos unha narrativa escrita desde as marxes e que aqueles que habitamos tales marxes teñamos voz sobre as nosas vivencias e realidades. Merecemos comprender como interseccionan as nosas identidades en contacto entre elas e cun mundo opresivo que nos aparta e aperta.
Este traballo fala da intersección entre as identidades autista e trans buscando plasmar que retos experimentamos as persoas que convivimos con esta intersección á hora de desenvolver as nosas identidades.
Isto é para vós, pero tamén para quen non vexades a vosa realidade reflectida nestas páxinas pero vos poida servir para comprender a dos outros.
Sobre o autor:
Zoe García é escritor, músico e biólogo especializado en xénero. Persoa trans non binaria, bisexual e autista. Traballa entre a creación e a divulgación, cunha presenza activa nas redes sociais, onde comparte contidos sobre neurodivergencias, realidades trans e diversidade, dende unha perspectiva persoal, pedagóxica e crítica.
A súa obra move entre a poesía e o ensaio, e vincúlase tamén á formación, a xestión e a produción cultural. Forma parte do equipo de Col·lectiu Argelaga, entidade que impulsa accións educativas, acompañamentos e proxectos relacionados coa diversidade e inclusión. Militante en espazos de loita de clase, feminista e anticapacitista. Sempre en constante deconstrución.
Instagram: @zoe.grks