Estes son os artigos que atopamos. Se non o atopas, escríbenos.
Andy Warhol: Love, Sex, and Desire. Drawings 1950–1962
Moito antes de que Andy Warhol chegase á cima do pop art, o artista creou e expuxo fascinantes debuxos que celebraban a beleza masculina. Andy Warhol Love, Sex, & Desire: Drawings 1950–1962 presenta máis de trescentos debuxos realizados principalmente en tinta sobre papel. Warhol retratou neles homes novos, moitos espidos, algúns abertamente sexualizados e, nalgúns casos, lucindo extravagantes corazóns negros e fascinantes adornos. Amosánse ociosos ou pavoneándose, orgullosos ou mesmo aburridos da súa beleza, mentres o artista os debuxa embelesado. Raramente establecen contacto visual co seu entusiasta observador, do mesmo xeito que Warhol céntrase na súa forma e nas súas cualidades eróticas. Se aos seus modelos lles basta con deleitarse no seu atractivo, o mesmo lle sucede ao artista. O seu trazo seguro retrata a un gran número de personaxes do máis chamativo, pero tamén revela moito sobre este artista enigmático.
Warhol era xa un ilustrador comercial en auxe cando en 1956 expuxo os estudos deste proxecto na Galería Bodley, no Upper East Side de Nova York. Equivocouse ao pensar que con estas ilustracións se daría a coñecer na escena artística da cidade, pois subestimou a homofobia xeneralizada da época. Produciu máis de mil debuxos do natural elegantes e aparentemente sinxelos, pero o seu plan de reuni-los nunha monografía nunca se fixo realidade. Este completo volume por fin leva a cabo o seu proxecto ao reunir as súas imaxes máis impactantes, publicadas por primeira vez e seleccionadas en colaboración coa Andy Warhol Foundation for the Visual Arts. Inclúe un texto introductorio asinado polo seu editor, Michael Dayton Hermann, da Andy Warhol Foundation, e ensaios do biógrafo de Warhol Blake Gopnik e do crítico de arte Drew Zeiba. Os poemas de James Baldwin, Thom Gunn, Harold Norse, Essex Hemphill e Allen Ginsberg crean momentos de introspección que amplían os temas e estados de ánimo presentes nos debuxos.
O estilo dos debuxos evoca os bosquexos de Jean Cocteau e mesmo Matisse, cunha liña tan áxil como depurada e precisa. Mentres tanto, o pícaro voyeurismo é propio de Warhol, e mesmo os debuxos máis atrevidos conteñen unha especie de humor chistoso, unha sensación de desapego irónico que se convertería nunha marca persoal de Warhol. O seu trazo seguro retrata a un gran número de personaxes do máis chamativo, pero tamén revela moito sobre este enigmático artista.