Estes son os artigos que atopamos.
12 cosas que no deberías decirle a una persona trans
Guía práctica e sinxela para aprender a evitar actitudes transfóbicas e xerar unha base de coñecemento sobre os conceptos que xiran arredor das realidades trans.
Inclúe un pequeno glosario que define conceptos básicos como trans, cis, expresión de xénero e outros conceptos necesarios para entender esta guía para patear a transfobia.
Sobre o autor:
Zoe García é escritor, músico e biólogo especializado en xénero. Persoa trans non binaria, bisexual e autista. Traballa entre a creación e a divulgación, cunha presenza activa nas redes sociais, onde comparte contidos sobre neurodivergencias, realidades trans e diversidade, desde unha perspectiva persoal, pedagóxica e crítica.
A súa obra móvese entre a poesía e o ensaio, e vincúlase tamén á formación, a xestión e a produción cultural. Forma parte do equipo de Col·lectiu Argelaga, entidade que impulsa accións educativas, acompañamentos e proxectos relacionados coa diversidade e inclusión. Militante en espazos de loita de clase, feminista e anticapacitista. Sempre en constante deconstrución.
Instagram: @zoe.grks